Saguaro
Tucson, Arizona (USA), 2006 |
©2006 John Gardner |
De neno, anunciaba os meus descubrementos cun berro alegre de "¡Mira o que ollo!" Os que acudían presenciaban comigo a beleza que atopara. De adulto fago uso dunha cámara fotográfica, máquina marabillosa que che permite ver o que vexo y nos permite ver o que vin. Mai-la cámara tamén ten ollo, que, unha vez revelada a película, nos imponóa sua propia visión. Mira o que ollo trata da beleza sinxela do cotián, do que deixamos pasar desapercibido: zapatos colgando dun cable; a pintada media borrada que deixaron dous amantes; os árbores; os números clavados nunha porta; o anuncio dunha fábrica de pintura. Toda a triste y marabillosa beleza que o mundo nos deixa ver, se sabemos ollar ben. E un traballo en progreso, para o que vexo, cando o vexa. |