Fiestra de restaurante
Lincoln, Nebraska (USA), 1985
©2005 John Gardner

De neno pensaba que non se podía sacar fotos así... que era ilegal e che gritarían e logo poñerían un pleito. En realidade non é así. Durante os catro anos da primeira fase deste proxecto fotografié a miles de peatóns, pisando a mesma beirarrua que eles, a miña cámera exposta ó mundo, e ninguén endexamais me regañou.

Que saiba eu, ningún dos meus descoñecidos vin a sua foto, pero penso que sería maravilloso se todos viñesen á apertura da exposición para descubrirse paseando por unha rua xa cambiada nun día esquecido, nunha cidade que agora non habitan, levando roupa gastada e botada dende hai moito.

Ía sen rumbo fixo cando comencei a tirar estas fotos de descoñecidos, pero pouco a pouco decateime de que os edificios me interesaban tanto como a xente, e que as veces o cambio xerado por tantos peatóns pasando polo mesmo lugar era máis interesante ca unha soa imaxe. Sempre lin que para os retratos hai que prestar moita atención ós ollos mailas mans. Pero ó realizar estas fotos decateime do expresivo que somos ó camiñar.

Deixei de traballar neste proxecto o finais da década dos oitenta, pero agora o veo coma un traballo de toda a vida, e logo de quince anos volvín a traballar en Descoñecidos.

anterior principal galería